miércoles, 25 de noviembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL CONTRA OS ABUSOS DE XÉNERO

O Concello de Narón apoia esta iniciativa cunha exposición fotográfica na Biblioteca Municipal., e nós como mestres e educadores seguiremos a loitar contra calquera discriminación ou abuso.

martes, 24 de noviembre de 2009

TEATRO

Hoxe os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo, fumos ao teatro a ver unha obra baseada en contos mariñeiros. Grazas ao Concello de Narón por ter unha oferta cultural variada e pensando no mais pequenos.

ABELLAS


Despois dun fin de semana longo, en breve estarán as fotos da saída na páxina web do Feal.

CONTOS PARA TODOS

Editorial Hotel Papel

A primeira colección é Violeta Infantil, pequena biblioteca de Libros para crecer en igualdade. Trátase de contos infantís ilustrados para nenos e nenas entre 3 e 8 anos con protagonistas que non encaixan en ningún estereotipo de xénero. Son libros que incorporan a traducción ó inglés para os que están empezando a coñecer esa lingua.

Aí vai un exemplo:

Martín y la pirata Candela

(Edición bilingüe castellano-inglés)
Traducción inglés: Janet Porter
Páginas: 40 (cartoné) 21 x 28cm – ISBN: 978-84-936178-3-7
P.V.P.: 14,50 €

Una noche, la pirata Candela, la más aventurera de todas las piratas del reino de los sueños, fue a visitar a Martín. Desde entonces, Martín sabe que los sueños pueden cumplirse por muy difíciles que parezcan, si se tienen buenos amigos. ¿Quieres comprobarlo? Pues repite conmigo: «¡A toda vela con la pirata Candela!»

Martín y la pirata Candela

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS


Película producida por TUS OJOS, en colaboración con UNICEF, como unha contribución do cine á protección dos dereitos da infancia no mundo, componse de cinco historias que abordan as cinco prioridades de UNICEF:
  • EL SECRETO MEJOR GUARDADO: a loita contra o VIH/SIDA:
  • LA VIDA EFÍMERA: a inmunización
  • LAS SIETE ALCANTARILLAS: o desenvolvemento integral na primera infancia
  • HIJAS DE BELÉN: a protección da infancia contra a violencia, a explotación e a discriminación

viernes, 20 de noviembre de 2009

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración do Dereitos do Neno/a e o 20 de novembro de 1989 aprobouse a Convención sobre os Dereitos do Neno/a.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

SAÍDA ALDEA NOVA



Mañá iremos a Aldea Nova. Algunhas recomendacións son: levar pantalón longo e roupa de abrigo. Se temos a sorte de que vaia sol , non vos olvidedes da gorra.

martes, 17 de noviembre de 2009

ABELLAS

O próximo xoves iremos a Aldea Nova a realizar unhas actividades referentes á apicultura. Para iniciar aos nenos e nenas neste tema, hoxe estivemos a ver a peli de Bee Movie. Ahí vai o trailer:

jueves, 12 de noviembre de 2009

CEPILLA-LOS DENTES

Hoxe en Coñecemento do Medio estivemos a traballar o mellor xeito de lava-los dentes. ´todos pensan que o mellor é:

miércoles, 11 de noviembre de 2009

MAGOSTO

Hoxe, os nenos e nena de primaria do Feal, estivemos a festexa-lo magosto, grazas que o tempo nos axudou un puquiño, despois de come-las castañas e bebe-lo leite, os nenos e enas estiveron a xogar a xogos populares. cabe destacar a presenza de algúns peóns que os nenos tiñan algunha dificultade en bailalos.

jueves, 5 de noviembre de 2009

ESFOLLA


Onte os nenos e nenas de 1º coa colaboración das monitoras do Concello de Narón estiveron a crear divertidas figuras con mazorcas de millo.

martes, 3 de noviembre de 2009

EDUCACIÓN VIAL


Hoxe estiveron no centro os monitores de Educación Vial do Concello de Narón. Estiveron a traballar cos nenos e nenas do 1º ciclo o papel de peóns e conductores. Houbo algún pequeno accidente pero sin danos físicos ou persoais e solucionaronse dun xeito amistoso.

lunes, 2 de noviembre de 2009

OS NENOS/AS DE 1ºA OPINAN SOBRE A ACTIVIDADE

Kira, Lucía e Iván García: Pareceume moi divertido e paseino moi ben.
Iria, Daniel Prieto, Iván Otero, Antía, Álex, Nayara e Nicolás:O máis divertido foi vaciala coa cuchara e adornala con plastilina.
Desi:O máis divertido foi adornala con plastilina.
Mario:O máis divertido foi poñerlle os ollos e as antenas.
Javier e Kevin:O máis divertido foi poñerlle a plasti e a peluca.