jueves, 28 de enero de 2010

ATAR OS CORDÓNS


Para tratar de vencer a loita diaria de :"papá/ mamá/profe, me atas os cordóns?" Hai vai unha pequena axuda. Ala! a practicar tódolos días.

LITTLE EINSTEIN E A PIRÁMIDE DOURADA


Este é o título da película que estivemos a ver, como non podía ser doutro xeito, ambientada no Antigo Exipto. A verdade é que foi todo un éxito e aos nenos e nenas de 1º encantoulles.

miércoles, 27 de enero de 2010

O RINCÓN DE EXIPTO


Co material que aportaron as familias, fixemos o "rincón de Exipto", un lugar onde consultamos dúbidas, ampliamos coñecementos,...
Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

viernes, 22 de enero de 2010

TRABALLO POR PROXECTOS: EXIPTO


Aproveitando a temática do antroido no Feal, imos levar a cabo un traballo por proxectos co mesmo tema: O Antigo Exipto. Para isto necesitamos a vosa colaboración aportando o material que vos pareza relacionado con este tema para traballar con el na aula.Grazas.

jueves, 14 de enero de 2010

SOLIDARIEDADE CON HAITÍ


Dende o CPI do Feal queremos amosar o noso profundo pesar pola tremenda catástrofe sofrida en Haití. Podemos aportar a nosa axuda a través da web da cruz vermella.(Pulsa aquí).

martes, 12 de enero de 2010

FELIZ ANO!

FELIZ ANO! XA VOLVIMOS O FEAL. PASACHEDES BEN AS VACACIONS? NOS PASAMOLO PIPA E XOGAMOS A MONTON DE COUSAS. E AGORA TOCANOS TRABALLAR.

OS REPORTEIROS DE 1º B.