jueves, 23 de diciembre de 2010

BON NADAL



Os titores de 2º desexamos a toda a comunidade educativa do Feal, felices festas en un 2011 cargado de felicidade e de novas experiencias educativas.

viernes, 17 de diciembre de 2010

PREPARANDO O FESTIVAL DE NADAL


Como ben sabedes o vindeiro día 22, celebraremos o festival de Nadal no colexo. Neste festival veredes aos nenos de 2º interpretando unha versión "diferente" deste villancico. Esperamos que vos guste.

VOLTAMOS AO CINE


Un ano mais, por estas datas imos ao cine en Odeón a ver a peli de MEGAMIND. Despois tomaremos un chocolate con churros no comedor do cole.

martes, 14 de diciembre de 2010

LECTURAS


O pasado venres, con motivo do Día dos Dereitos Humanos, estivemos vendo un libro maravilloso:
TODOS NACEMOS LIBRES.
As ilustracións son fantásticas, pero o máis importante é que aprendimos un montón de cousas, sobre todo de respeto: aos demáis, ás diferencias, á liberdade, ...

jueves, 9 de diciembre de 2010

O BLOG DA BIBLIO


Dende aquí convidámosvos a visitar o blog da biblioteca de infantil e primaria do noso cole. Polo de agora ten pouquiñas cousas, pero a profe Montse vainos informando con toda a ilusión de todo o que acontece preto dos nosos libros favoritos. Animádevos e deixade os vosos comentarios e propostas.
http://biblioaventurasfeal.blogspot.com/

viernes, 26 de noviembre de 2010

O PAÍS DOS MANDÓNS



Hoxe a maravillosa contacontos de 2º , contoulle aos nenos e nenas este fermoso libro para que o alumnado sexa consciente da igualdade de xéneros e rexeitar a violencia deste tipo.

EN BICI ATA O PUNTO LIMPO DE NARÓN



Onte a pesar do mal tempo, saímos en bici ata o Río do Pozo, foi unha viaxe curta pero foi a nosa proba para próximas saídas. Por certo, que esta proba a pasamos con moi boa nota xa que non houbo ningún tipo de incidente. Grazas ao equipo de seguridade Vial de Narón por confiar en nós.

viernes, 19 de noviembre de 2010

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA



Mañá, fai 21 anos, a ONU aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno, nos que se recomendan unha serie de accións xerais e a protección dos nenos/as.

jueves, 18 de noviembre de 2010

SAÍDA EN BICI



Poñede a punto as vosas bicis pois dentro dunha semana ( o 25 de novembro) sairemos nas bicis ata o punto limpo (no Polígono do Río do Pozo) . Os adultos que o desexen poden acompañarnos que seredes ben recibidos. Non vos olvidedes do casco!!!

RECICLANDO PAPEL



Hoxe estivemos na aula Reciclaterra de Ferrol, onde os nenos/as de 2º aprenderon moitas cousas sobre a reciclaxe. Ademais estiveron a facer papel reciclado o cal levarán á súa casa dentro duns días pois está a secar no cole.

martes, 16 de noviembre de 2010

O FANTASTICO TEATRO

Hoxe fomos ao teatro. A obra que vimos chamase De fabula. A protagonista era Bulebule, unha raposa que mola moito. Pasamolo moi ben.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

O MAGOSTO



Como ben dixo Kira este venres día 12 de novembro, o alumnado de Educación Infantil e Primaria celebraremos o magosto. Esperemos que nos acompañe un tempo apetecible.

KIRA ESCRIBE:

Esta semana que ven imos a facer o magosto estou segura de que o pasaremos xenial.

martes, 9 de noviembre de 2010

O CORPO HUMANO



Seguimos a completar este tema de Coñecemento coa serie de debuxos xa por toos/as coñecida. Hoxe vimos o capítulo: "O corazón".

viernes, 5 de noviembre de 2010

A ESFOLLA



Como ben sabedes hoxe estiveron as monitoras do Concello de Narón para traballar a esfolla. O próximo sábado día 13 celebrarase esta festa en Doso e alí estarán expostas algunhas das mazorcas que hoxe tunearon os nenos e nenas de 2º. Na foto pódese ver o resultado final.

NA BIBLIOTECA DO COLE



No que levamos de curso o alumnado de 2º non apareceu moito pola biblioteca, así que hoxe os convidamos a ir por alí e coller un libro para ler este fin de semana. A ver si se enganchan á lectura.

DESI ESCRIBE:

hoxe imos facer a esfolla. Estou segura de que o imos a pasar xenial.

SAÍDAS MES DE NOVEMBRO



Este mes de Novembro ven cargado de diferentes saídas:
- Día 16: Teatro do Concello de Narón.
- Día 18: Reciclaterra (Ferrol)
- Día 25: Saída en bici ata o punto limpo de Narón (Polígono do Río do Pozo).
Enviaremos mais información segundo se aproximen as datas.

AOS PAIS E NAIS

Estes días estamos a mandar nas mochilas diferentes artigos que publica La Voz de la Escuela referentes a mellorar as conductas e hábitos dos nenos/as. Espereamos que sexan de utilidade e do voso agrado. Se vos interesa este tema o departamento de educación de Navarra publicou na súa páxina web un manual, pincha abaixo para velo:

miércoles, 3 de noviembre de 2010

BENVIDOS!!!

As nosas compañeiras e compañeiros de infantil do CPI do Feal apúntanse a esto do blog.Moita sorte. Se queredes velo pincha no enlace de abiaxo:
http://infantilcpidofeal.blogspot.com/

ÉRASE UNHA VEZ...


O corpo humano, e nada mellor que esta serie de debuxos animados para complementar o estudado no libro. Hoxe estivemos a ver o capítulo dos músculos. Grazas Álex por compartir con nós a túa fabulosa colección.

jueves, 28 de octubre de 2010

SAMAÍN


Coma o ano pasado as monitoras do Concello de Narón estiveron a confeccionar cos nenos/as de 2º as cabazas para celebra-lo Samaín. Estarán expostas no Local Social de san Mateo o vindeiro domingo 31 de outubro. Quedaron terroríficas!!!.

miércoles, 27 de octubre de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Aínda que un pouco tarde iniciamos a nosa andaina a través desta ferramenta educativa. A simple vista xa aparecen as novidades pero esperamos que sexan moitas mais e para iso contamos con todos vos:
1.- Cambiamos o aspecto.
2.- Cambiamos o nome, o antigo caducou (1º primaria) e o novo nome foi elexido polo alumnado de segundo e ten un porqué: os 16 + 14 do feal porque nun grupo son 16 e noutro 14, o + ( o servidor do blog non permite o signo) porque aquí aprendemos a sumar ( e mais cousas). Un dos motivos do retraso foi acadar o consenso dos 30 alumnos/as e 2 profes un pouco rariños (un/unha mais que outro/a).
3.- O cambio mais grande está nas vosas mans e no voso teclado: pretendemos mais colaboración vosa, que deixedes comentarios, críticas e propostas e si queredes colgar algo: encantadísimos.
4.- Tamén intentaremos que os vosos fillos/as escriban mais a menudo e así implicalos nas novas tecnoloxías, na lectura, escritura, etc, etc....
Para rematar, a coller forzas e ánimos e... COMENZAMOS!!!

martes, 15 de junio de 2010

PREMIO ACCESIT NO CERTAME DE COOPERATIVAS


Hoxe, o alumnado de 1º, acaba de recibir a boa nova de que fomos premiados no Certame escolar de Coperativismo polo traballo "A NOSA PLANTACIÖN", a entrega de premios será o próximo 3 de xullo en Vilanova de Arousa, acto ao que estades convidados os nenos/as e as familias. De momento non temos mais información, pero a medida que a teñamos, seredes debidamente informados. Parabéns a todos/as.

APRENDENDO A XOGAR AO GOLF


O pasado venres o alumnado de 1º estivo a dar os seus primeiros pasos neste deporte. A pesares do mal tempo pasaron un rato divertido e houbo algún golpe fantástico.

jueves, 10 de junio de 2010

XOGAREMOS AO GOLF


Mañá iremos ao Val a xogar ao golf. Esperemos que veña mellor tempo ca hoxe porque senón acabaremos enchoupados.

miércoles, 2 de junio de 2010

EDUCACIÓN VIARIA


O Concello de Narón, na súa páxina web, creou recentemente, o enlace da educación viaria no concello. Neste enlace podemos atopar todas as actividades relacionadas con este tema que se están a facer nos colexios de Narón.
Para acceder pincha AQUÍ.

martes, 1 de junio de 2010

RECICLAXE


Son moitos os motivos que nos levan a reciclar, pero é moi importante facelo ben. Aí vai un enlace moi interesante con xogos incluidos; iso sí, para xogar debedes pedir axuda a un maior, pois tendes que rexistrarvos.
E agora ... A RECICLAR!

viernes, 28 de mayo de 2010

O RELOXO


Estes días estivemos aprendendo a usar o reloxo.
E aí vai un xogo para que practiquedes.

martes, 25 de mayo de 2010

A POLAS PISTIÑAS


Xa estamos metidos en materia. Sí, comezamos a ler uns libros fantásticos e así conseguir puntos por equipos para o noso cartel das Pistiñas. Hai que estar ben atentos, pois non sempre é tan doado como parece.

lunes, 24 de mayo de 2010

O XOGO DAS PISTIÑAS


Achegámonos ao final do curso con moita enerxía para abordar "O xogo das pistiñas", promovido pola biblioteca do cole. Xa temos os 5 equipos formados e preparados para atiborrarse de libros.

viernes, 14 de mayo de 2010

INTERCENTROS



O alumnado de 1º participou no intercentros cos murais que podedes ver nas fotos. Os dous están referidos a obras infantís de Uxío Novoneyra ao cal se lle adica o día das letras galegas neste ano. Os nosos traballos están expostos no Pazo da Cultura de Narón.

jueves, 13 de mayo de 2010

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE NARÓN



Onte fumos invitados polo Concello de Narón a visitar a biblioteca municipal. Alí ensináronnos as instalacións, léronnos un conto e deixáronnos un rato para ollar os libros que alí había.

lunes, 10 de mayo de 2010

SOMOS EXIPTÓLOGOS!



Hoxe veu visitarnos ao cole o señor alcalde de Narón, para clausurar a exposición de Exipto da biblioteca.
Nayara, Iván, Marco e Alba acudiron como representantes de 1º a recoller os nosos diplomas de "exiptólogos".

Xa somos todos uns expertos; pero recordade que non tódolos ríos son o río Nilo.

sábado, 8 de mayo de 2010

OS MAIOS



Xa están listos os nosos maios. Podedes velos esta fin de semana no Pavillón de Piñeiros
(ao lado do cole de Piñeiros).
E agora a agardar que funcionen, pois pedímoslles que nos viñera unha boa colleita!!!

viernes, 30 de abril de 2010

VISITAMOS A COOPERATIVA DO VAL


Esta mañá visitamos a Cooperativa do Val: a agrotenda, a sección de maquinaria, o supermercado, o almacén, vimos as máquinas de empaquetado... e despois convidáronnos a zume e colacao. A verdade é que foron moi "salados".

jueves, 29 de abril de 2010

MÚSICA, MAESTRO!


Esta semana está resultando moi especial. O luns visitáronnos as nenas e nenos do cole de Domirón. Hoxe veu ao Feal a Banda do Tercio Norte (con directora de orquesta incluida!). E mañá iremos visitar a Cooperativa do Val. E que... non damos feito!!!

viernes, 23 de abril de 2010

PLANTANDO LEITUGAS


Despois de preparar onte o noso espazo no invernadoiro, hoxe estivemos a plantar unhas leitugas. Esperemos ter boa colleita e que pronto poidades facer unha deliciosa ensalada.

jueves, 22 de abril de 2010

23 de abril - DÍA DO LIBRO



Pincha na imaxe

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO


Aproveitando o tema das plantas, os nenos/as de 1º dividíronse en equipos e nos puxemos a traballar no invernadoiro de xeito cooperativo. Hoxe estivemos a preparar a terra, onde mañá plantaremos leitugas.

DÍA DA TERRA


Hoxe 22 de abril celébrase o Día da Terra con motivo de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais.

martes, 20 de abril de 2010

NUN LUGAR DA MANCHA....


Para empezar a celebrar o día do Libro, hoxe estivemos a ver 2 capítulos da serie de debuxos animados de Don Quixote. Son unhos debuxos diferentes aos de hoxe en día, é por iso que pensamos que non foi moito do seu agrado, esperemos que ao longo da súa vida sexan capaces de afronta-la lectura do libro.

viernes, 16 de abril de 2010

ADENTRÁMONOS NO MUNDO DAS PLANTAS

Que mellor que a chegada da primavera para coñecermos un pouco mellor o marabilloso mundo das plantas! Xa estivemos a ver a curtametraxe "A flor máis grande do mundo" e son moitos os libros e contos que nos poden ensinar un montón de cousas sobre as plantas e o coidado da natureza. Aí van algúns exemplos:


lunes, 12 de abril de 2010

ESCOLA DE PAIS E NAIS NA RADIO

A Asociación de Pedagogos de Galicia (Apega) e Radio Voz abrirán este luns unha escola de pais e nais que permitirá aos oíntes plantexar dubidas respecto a educación de nenos e adolescentes.
Cada luns, ás 17 horas, os profesionais de APEGA participarán neste espazo, que se inclúe no programa La tarde es tuya, que presenta Susana Falcón; no 105.4 da FM.

viernes, 9 de abril de 2010

OS NOSOS BONECOS QUITAPENAS


Xa estamos preparados e preparadas para afrontar tódalas nosas preocupacións,
e todo grazas aos nosos bonecos quitapenas.
Quedáronnos moi chulos!

OS BONECOS QUITAPESARES


Hoxe confeccionamos os nosos bonecos quitapesares: Agardamos que vos sexan de axuda e os teñades moi perto, debaixo das vosas almofadas. Aí vai unha canción dedicada exclusivamente a eles, aos "Muñecos quitapenas"

jueves, 8 de abril de 2010

RAMÓN PREOCUPÓN


Mañá realizaremos unha actividade baseada neste libro que conta unha historia con tradicións de Centro e Suudamérica. Aproveitando o bo tempo, intentaremos que sexa ao aire libre, polo que aconsellamos que traian gorra para protexerse do Sol.

sábado, 3 de abril de 2010

Mi hermanito de la luna: el autismo contado por una niña


O 2 de abril celébrase o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.
O autismo é unha síndrome que afecta á comunicación e ás relacións sociais e afectivas do individuo. Como di a súa definición, o autismo é unha síndrome, non é unha enfermidade e , polo tanto, non existe cura.
Deixámosvos o enlace da Fundación Orange para que poidades disfrutar deste curto de animación.

viernes, 26 de marzo de 2010

A HORA DO PLANETA


Mañá sábado haberá unha iniciativa voluntaria de apagar as luces de 20:30 a 21:30 que pretende sensibilizar a todos sobre as causa do cambio climático.

lunes, 22 de marzo de 2010

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Cada 22 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA para que sexamos conscientes de que a auga potable é un ben escaso e tomemos medidas para facer dela un uso responsable.

lunes, 15 de marzo de 2010

MULLERES E HOMES TRABALLADORES

Compartimos con todos e todas o conto en imaxes "UNA FELIZ CATÁSTROFE", de Adela Turin, unha autora que coa súa colección "A favor de las niñas" fixo e fai reflexionar a varias xeneracións sobre o dereito de igualdade dos nenos e das nenas.
http://www.ducotedesfilles.org/es/anims/flashdeluge.html

sábado, 13 de marzo de 2010

MIGUEL DELIBES


Faleceu este gran escritor vallisoletano pera a súa obra perdurará para sempre.

jueves, 11 de marzo de 2010

11 DE MARZO


Nunca nos cansaremos de rexeitar calqueira tipo de violencia.

jueves, 4 de marzo de 2010

OS MÚSICOS DE BREMEN


Hoxe estivemos a ver a serie de debuxos animados "Os músicos de Bremen". Un xeito de introducir ao alumnado no sinfón BR.

lunes, 1 de marzo de 2010

PIZARRA DIXITAL


O pasado venres estivemos a traballar coa pizarra dixital, unha ferramenta educativa que despertou o interese na maioría do alumnado. Prometemos volver.