martes, 22 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS


Os profes de 1º desexan a toda a comunidade educativa do CPi do Feal unhas felices festas.

lunes, 21 de diciembre de 2009

AULA VIRTUAL

Xa temos algúns recursos educativos na aula virtual do CPI do Feal. Son recursos para repasar o aprendido durante o 1º trimestre. Si necesitades mais non dudedes en pedilos.
Pincha aquí para acceder, entrade como convidados.
Grazas a Ángel Carrera, profe do Feal, pola súa colaboración.

jueves, 17 de diciembre de 2009

SOLIDARIEDADE

No gran centro comercial que hai en Ferrol, xa se poden depositar xoguetes para os nenos e nenas mais necesitados. Unha boa ocasión para amosarlle aos nosos nenos o afortunados que son e explicarlles e poñer en práctica o termo COMPARTIR.

martes, 15 de diciembre de 2009

SUSPENSIÓN DAS CLASES

Por orden da Consellería de Educación, mañá suspéndense as clases por mor dun temporal.

domingo, 13 de diciembre de 2009

A CARTA AOS REIS MAGOS

Para os que ainda non se decidiron a escribir a carta aos Reis Magos, aí vai un modo sinxelo que seguramente traerá sorpresas.



viernes, 11 de diciembre de 2009

PISTA DE XEO


Nas próximas vacacións do Nadal,un xeito saudable de pasar un bo rato é a de levar aos nenos e nenas á pista de xeo que estará no recinto da FIMO, do 19 de decembro ó 7 de xaneiro. A entrada custa 5 euros.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

BELÉNS NAVIDEÑOS EN FERROL



Ademais do xa coñecido Belén da Orde Terceira, pódese visitar o Belén de Carlos Casanova, no número 20 da rúa San Francisco. O seu horario é de 18 a 20 horas os días laborables e tamén de 12 a 14 horas os domingos e festivos. A entrada é libre e gratuíta.

jueves, 3 de diciembre de 2009

IMOS Ó CINE

O vindeiro 18 de decembro faremos unha superexcursión...ó cine!!! E como somos moi aventureiros/as, decidimos visitar un novo lugar: PLANET 51.
Aí vai un adianto:





7 DE DECEMBRO

Segundo o calendario laboral do 2009, o 7 de decembro non haberá clase, así que nos espera unha ponte moi longa. Vémonos o mércores 9 de decembro.