miércoles, 24 de febrero de 2010

CUMPREANOS DE DAVID O GNOMO


Hxe cumpre 25 anos esta serie de debuxos animados de orixe español. Conta as aventuras do bosque do gnomo David e a súa familia, cun importante transfondo educativo en temas como ecoloxía, amizade e xustiza.

SAÚDE BUCO-DENTAL


O pasado luns, o alumnado de 1º tivo unha charla de saúde buco-dental organizada polo Concello de Narón. Nesta charla ensinaronlles ós alumnos/as a cepillar ben os dentes e a importancia dunha correcta saúde buco-dental. Foron obsequiados cun cepillo e unha pasta de dentes.

viernes, 19 de febrero de 2010

MOCHILA VIAXEIRA


Despois dun pequeno descanso, hoxe comezou a nova andaina da mochila viaxeira, na que nesta ocasión, a familia desempeña o papel fundamental. Dentro encontraredes un novo elemento: O DIARIO DA MOCHILA VIAXEIRA, no cal tedes as instruccións de uso desta mochila. Agardamos impacientes as vosas opinións. Moitísimas grazas.

viernes, 12 de febrero de 2010

EXIPCIOS NO FEAL


Este ano os exipcios "invadiron" a festa de disfrazes do CPI do Feal. Na foto vedes ao alumnado de 1º.

martes, 9 de febrero de 2010

EXIPTO NA WEB

Propoñémosvos uns enlaces coa temática que estamos a traballar. Os dous primeiros son páxinas de xogos e os outros son algo máis educativos.Tamén recomendamos o xogo " PIPO EN EXIPTO", pero é recomendable merca-lo xogo orixinal.



http://www.juegosjuegos.com/jugar-juego/Pyramics.html
http://www.parchis.com/juego/laberinto_egipcio.html
http://www.dibujos-para-ninos.com/dibujo-egipto.html
http://www.egipto.com/egipto_para_nino/index.html
http://www.egiptologia.com/egipto-para-ninos/

miércoles, 3 de febrero de 2010

O ALUMNADO TRABALLANDO


Como podedes ver o alumnado de 1º está a traballar co material aportado polas familias. A imaxe non é moi boa, pero é un pouco dificil fotografiar aos nenos quietos nun ambiente relaxado e distendido. O importante é que aprenden por eles mesmos coa mínima intervención do mestre/a.

lunes, 1 de febrero de 2010

DÍA DA PAZ


O pasado venres os nenos e nenas do Feal estivemos a celebra-lo Día da Paz. Os de 1º de primaria limos o libro "¿Qué es la paz?" e estivemos a decorar a fermosa árbore que vedes na foto. Que a Paz dure todo o ano.