miércoles, 26 de enero de 2011

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL



Hoxe,26 de xaneiro,celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, para recordar a importancia de formar aos nenos e nenas no respeto e coidado do medio natural.

jueves, 20 de enero de 2011

A LENDA DAS MIL GRULLAS

Despois das vacacións do Nadal parecía que estábamos desaparecidos, pero non, estábamos dándolle voltas a uns asuntos dos que xa vos iremos informando. O primeiro deles é a celebración do DÍA DA PAZ ( 28 de xaneiro): unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grullas de papel recibirá un desexo de parte dunha grulla, tal coma unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade. Esta lenda converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha pequena nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica.
Contamos coa vosa colaboración, así que aquí deixamos os pasos para facer unha grulla de papel. Moitas grazas!!!