Xa temos algúns recursos educativos na aula virtual do CPI do Feal. Son recursos para repasar o aprendido durante o 1º trimestre. Si necesitades mais non dudedes en pedilos.
Pincha aquí para acceder, entrade como convidados.
Grazas a Ángel Carrera, profe do Feal, pola súa colaboración.
No gran centro comercial que hai en Ferrol, xa se poden depositar xoguetes para os nenos e nenas mais necesitados. Unha boa ocasión para amosarlle aos nosos nenos o afortunados que son e explicarlles e poñer en práctica o termo COMPARTIR.
Nas próximas vacacións do Nadal,un xeito saudable de pasar un bo rato é a de levar aos nenos e nenas á pista de xeo que estará no recinto da FIMO, do 19 de decembro ó 7 de xaneiro. A entrada custa 5 euros.
Ademais do xa coñecido Belén da Orde Terceira, pódese visitar o Belén de Carlos Casanova, no número 20 da rúa San Francisco. O seu horario é de 18 a 20 horas os días laborables e tamén de 12 a 14 horas os domingos e festivos. A entrada é libre e gratuíta.
O vindeiro 18 de decembro faremos unha superexcursión...ó cine!!! E como somos moi aventureiros/as, decidimos visitar un novo lugar: PLANET 51. Aí vai un adianto: