Mañá sábado haberá unha iniciativa voluntaria de apagar as luces de 20:30 a 21:30 que pretende sensibilizar a todos sobre as causa do cambio climático.
Cada 22 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA para que sexamos conscientes de que a auga potable é un ben escaso e tomemos medidas para facer dela un uso responsable.
Compartimos con todos e todas o conto en imaxes "UNA FELIZ CATÁSTROFE", de Adela Turin, unha autora que coa súa colección "A favor de las niñas" fixo e fai reflexionar a varias xeneracións sobre o dereito de igualdade dos nenos e das nenas. http://www.ducotedesfilles.org/es/anims/flashdeluge.html
O pasado venres estivemos a traballar coa pizarra dixital, unha ferramenta educativa que despertou o interese na maioría do alumnado. Prometemos volver.