martes, 15 de junio de 2010

PREMIO ACCESIT NO CERTAME DE COOPERATIVAS


Hoxe, o alumnado de 1º, acaba de recibir a boa nova de que fomos premiados no Certame escolar de Coperativismo polo traballo "A NOSA PLANTACIÖN", a entrega de premios será o próximo 3 de xullo en Vilanova de Arousa, acto ao que estades convidados os nenos/as e as familias. De momento non temos mais información, pero a medida que a teñamos, seredes debidamente informados. Parabéns a todos/as.

2 comentarios:

Mila dijo...

Enhoraboa, polo premio e por un ano estupendo. Grazas por aprendernos as horas,as moedas e a atar os zapatos (ainda que nesto último imos ter que recuperar en setembro), a prantar leitugas, a coidar do ovo e a fabricar monecos que agora viven baixo as nosas almofadas. ¡Ah! e gracias porque agora falamos pronunciando o "erre".
Que teñades un bo verán e podades descansar da "tropa"

Rebeca dijo...

Moitas gracias a ti, Mila, por acompañarnos durante todo o curso coas tuas palabras sempre de apoio. Esperamos que nos acompañedes a Vilanova. Unha aperta